Skip to Content

Ruta de sendeirismo polos muíños do Folón e do Picón con xente dos intercambios internacionais

O pasado luns 12 de abril levouse a cabo esta actividade de trecking polos muíños do Folón e do Picón con alumnado dos intercambios internacionais. Así participaron nesta ruta de sendeirismo alumnos e profesores galegos, daneses e italianos.


III Concurso fotográfico Axenda 21: O monte Tegra e a súa contorna

Cartel deseñado pola alumna Cecilia Pérez Gómez de 3º PDC na asignatura de Educación Plástica e Visual 

No arquivo adxunto atópanse as bases da convocatoria

Manual "Emprego da instalación audiovisual nas aulas"

No seguinte enlace p podedes atopar un documento que vos indica como empregar o material audiovisual nas aulas.

O IES A Sangriña invitado ás xornadas "La Europa que educa".

O IES A Sangriña foi seleccionado para participar nas xornadas: " La Eupopa que educa". O evento terá lugar en León entre o 13 e o 16 de maio con motivo da presidencia española na UE. O Ministerio solicitou a asistencia dalgúns dos alumnos participantes no Comenius bilateral con Dinamarca. Os representantes seleccionados son:

- Jorge Dorado González (2 bach B)

- Nuria Pérez Bradón (2 bach B)

- Lara Carrero Baz ( 2 bach A)

A volta subirase a correspondente reportaxe á web.

Distribuir contido


by Dr. Radut