Fondo Solidario de Libros de Texto para o curso 2024/25
Enviado por Adminis o Mér, 22/05/2024 - 06:19Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 21 de xuño.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Obtención da certificación ComDix nivel intermedio (2BAC)
Enviado por gberdeal o Lun, 20/05/2024 - 13:46Segundo se indica na Resolución do 28 de febreiro de 2024 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42513), no seu artigo 5, punto terceiro, o alumnado de bacharelato que obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. Dita certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
Así mesmo, no punto cuarto do artigo 5 da citada Resolución, sinálase que tanto o alumnado que titule sen superar a proba específica coma o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.
O certificado ComDix, unha vez obtido, estará accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na carpeta do cidadán, mediante o acceso con certificado electrónico, DNIe, Chave365 ou usuario e contrasinal.
Os menores de idade deberán optar polo acceso con Cl@ve, xa que os outro métodos de acceso só están dispoñibles para maiores de idade.
Rexistro en Cl@ve: https://clave.gob.es/clave_Home/registro/Como-puedo-registrarme.html
Feira das profesións 2024
Enviado por anaro o Mar, 02/04/2024 - 11:51Un ano máis, os Departamentos de Orientación doIES de Ames, IES Plurilingüe de Ames e IES Xulián Magariños de Negreira organizamos A FEIRA DAS PROFESIÓNS 2024 o xoves 4 de Abril no pavillón polideportivo de Brión.
O horario será de mañá e tarde, en concreto de 10:00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas.
Esperámosvos o xoves pola tarde.
Acreditación das competencias dixitais do alumnado
Enviado por anaro o Lun, 11/03/2024 - 18:05Publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Nesta resolución acredítanse os niveis de competencias dixitais de iniciación e intermedio. Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria
- O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
- O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
- O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente.
- A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de ítulo da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
- A proba será en formato online e constará de 60 preguntas (12 por área) que se terán que responder no prazo máximo de 90 minutos.
- Para superar a proba de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
- Demo da proba de acreditación.
Acreditación do alumnado de bacharelato
- A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
- O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas. Para isto empregará este modelo.
- O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.
- A proba será en formato online e constará de 12 preguntas que se terán que responder nun tempo máximo de 20 minutos.
- Para superar esta proba da área 4 de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 60% do total de preguntas.
- Demo da proba de acreditación.
Os requisitos para presentarse á proba son:
- Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
- Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.
As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse no instituto consonte ao seguinte calendario:
- A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o 19 de abril.
- A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
Para solicitar a participación teredes que cubrir o formulario de inscrición e entregalo en Xefatura de Estudos (podedes recoller o formulario en Xefatura de Estudos). O prazo remata o día 15 de marzo ás 14:00.
O proxecto Etwinning "We love our environment" no que participa o IESP de Ames acada o Etwinning European Quality Label (Selo Europeo de Calidade)
Enviado por anaro o Mér, 24/01/2024 - 06:30Neste proxecto Etwinning realizado no curso 2022-23 grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos de 4º de ESO dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.
Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxecto)
Programacións didácticas curso 2023-24
Enviado por Adminis o Mar, 19/12/2023 - 16:48As programacións do curso 2023-24 pódense consultar despregando o menú Departamentos, da parte dereita da páxina, no submenú correspondente a cada Departamento didáctico.