Selo Nacional de Calidade do proxecto "Sustainable cities and schools: How smart do we live"

O proxecto etwinning  "Sustainable cities and schools: How smart do we Live" no que participan profesores e alumnado do IESP de Ames  en colaboración co Gymnasium Schwertstraße de Solingen (Alemania)  obtivo o Selo  Nacional de Calidade (Etwinning National Quality Label).  Polo noso instituto participaron e solicitaron o selo de calidade no curso 2023-2024  o profesor  Roberto Barral con  alumnado de 4º de ESO da materia de Proxecto Competencial e a profesora Sofía Jiménez  con  alumnado da  materia de inglés de 3º da ESO obtendo en ambos casos o citado premio .  Parabéns para todo  o alumnado e profesorado participante e tamén para o centro.

Normas de emprego dos ordenadores

Para o correcto funcionamento do proxecto E-Dixgal é importante seguir as seguintes normas:

  • O equipamento E-Dixgal (portátil, cargador, maletín e carro de carga) debe tratarse como se fose propio. Cada alumno/a é responsable do seu material. O alumnado ten que transportar sempre o seu ordenador dentro do maletín.
  • Se unha alumna ou alumno quere deixar o ordenador na aula pode facelo sempre que o deixe no posto que se lle asigne no carro de carga. O ORDENADOR NON PODE QUEDAR ENRIBA DAS MESAS.
  • Os ordenadores no centro só se poden cargar no carro de carga.
  • Todas as incidencias que se produzan teñen que ser de comunicadas ao coordinador E-Dixgal coa maior brevidade posible.
  • O coordinador E-Dixgal estará dispoñible todos os recreos para a comunicación de incidencias. 
  • Se unha familia ten dúbidas sobre calquera aspecto do proxecto pode poñerse en contacto co coordinador E-DIXGAL (Fermín Cambeiro) chamando ao instituto ou enviando un correo electrónico a tic.ies.ames@edu.xunta.gal.

Información E-DIXGAL para as familias (Curso 24-25)

Prema na imaxe para acceder á información para as familias sobre o proxecto E-Dixgal do Espazo Abalar.

 

Folleto informativo para as familias - Curso 2024-2025 (PDF)

Comezo curso 2024-25

Mércores 11 de setembro

Ás 8.45 horas o alumnado deberá estar no Centro.

A primeira hora faranse as presentacións polo que o alumnado debe dirixirse os espazos seguintes:

1º ESO: Sala de Usos Múltiples (SUM). O alumnado virá acompañado da familia, se queren.

2º, 3º, 4º ESO: porta principal.

1º, 2º Bacharelato e FP: pista de deportes.

A partir da 2ª hora clase normal.

Funcionará o transporte escolar e haberá horario normal

 

Mes de agosto de 2024

Para algunha xestión moi urxente, durante as vacacións de verán (do 1 de agosto ao 26 de agosto), poden contactar para concertar unha cita no teléfono

672 125 853

ou solicitándoa por medio do correo electrónico do IES Plurilingüe de Ames:

ies.ames@edu.xunta.gal

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Pódese consultar no taboleiro de anuncios do Centro a listaxe provisional de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar.

INTERCAMBIO CO CENTRO NYDALEN HIGH SCHOOL DE OSLO

Durante as tres primeiras semanas de setembro de 2023 seis alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe de Ames fixeron un intercambio con alumnado do centro Nydalen High School de Oslo (Noruega). Durante a súa estadía na capital nórdica compartiron horario lectivo e actividades escolares e extraescolares co alumnado co que residían. Este programa educativo axudoulles a mellorar a súa competencia lingüística en lingua inglesa.

 

O alumnado noruegués estivo no noso centro durante a última semana de xaneiro e as dúas primeiras de febreiro de 2024. Participaron da vida cotiá e lectiva do instituto, integrándose perfectamente co resto do alumnado de 1º de Bacharelato e coas familias coas que residiron. Tamén acudiron as distintas actividades que se fixeron durante a súa estadía no IES Plurilingüe de Ames como a saída a A Coruña ou a celebración do Carnaval.

 

Tanto a comunidades educativa norueguesa como a nosa destacaron o éxito que tivo este intercambio, que se produce dentro do marco do programa EduExchanges dende 2019, grazas aos comentarios aportados por todos os participantes e polas súas familias.

 

Unha vez máis, unha experiencia moi gratificante.

 

Alumnado participante do IESP de Ames a punto de partir cara Oslo

 

 

 

 

 

.

Pendentes matemáticas curso 2024- 2025

O Departamento de Matemáticas informa que o alumnado que teña a materia de Matemáticas pendente para o próximo curso, pode presentarse a unha proba na que se avaliarán todos os contidos traballados ao longo do curso 23-24 e que se celebrará

  • DATA: 26 de setembro de 2024 (xoves).
  • HORA:  16:30 horas.
  • LUGAR: Salón de Actos.

No caso de non aprobar este exame, o alumnado seguirá o programa de recuperación de pendentes do que se informará ao comezo do curso.

Libros de texto para o curso 2024-25

Libros de texto para o curso 2024-25 <PDF>

NOTA: RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS ATA RECIBIR INSTRUCIÓNS DO PROFESORADO CORRESPONDENTE.

O IESP de Ames participa no Proxecto Etwinning “Be Earth Friendly” con 4 países Túnez, Xordania, Croacia e Macedonia do Norte

Neste curso 2023-24 o IESP de Ames participa no proxecto “Be Earth Friendly” no que ademais de escolas españolas participan países como Túnez, Xordania, Croacia e Macedonia do Norte.
Neste proxecto participan tanto escolas de primaria como de educación secundaria. A temática traballada é a sostibilidade, a composición do solo (material orgánico, inorgánica, aire, auga) así como a arte e a creación a partir de residuos( os nosos alumnos fixeron desde carteis ate maquetas de casas realizadas con botellas de auga no deserto) Neste proxecto participou alumnado de Proxecto Competencial de 4º da ESO co profesor Roberto Barral, a linguaxe vehicular do alumnado foi o inglés e realizaronse diferentes equipos internacionais de traballo.  

O proxecto está en fase de finalización. Noraboa para os alumnos e profesores participantes.

Distribuir contido