O proxecto Etwinning "We love our environment" no que participa o IESP de Ames acada o Etwinning European Quality Label (Selo Europeo de Calidade)

Logo de acadar no mes de outubro Etwinning National Quality Label,  Proxecto Etwinning “We love our Environment” no que participou o IESP de Ames como socio en lingua española co IESP de Cantabria (Santander) e o Lycée Grombalia de Túnez  acadou o Etwinning European Quality (Selo Europeo de Calidade).  É un proxecto que se encadra no eixo de “Sostibilidade “ dentro do proxecto “Redes de cooperación para o traballo e os Dereitos Humanos III” que forma parte da liña de proxecto internacionais do PFPP do IESP de Ames do curso 2022-23

Neste proxecto Etwinning realizado no curso 2022-23 grupos de alumnado de Proxecto competencial de 3º da ESO e de Valores Éticos de 4º de ESO dirixidos polo profesor Roberto Barral,socio do proxecto, realizaron actividades colaborativas con alumnado dos centros de Cantabria e Túnez , tais como exposicións de carteis sobre o Dia da Terra, cuestionarios sobre a pegada ecolóxica, videos colaborativos realizados por grupos temáticos especializados no consumo da auga ou a contaminación do aire.

Tamén participaron en encontros por videoconferencia en español co alumnado destes centros, e en inglés ó que se incorporou alumnado de colexios de Xordania ( que forman parte da vertente árabe e inglesa do proxecto)