Skip to Content

Orientación académica

Dentro das actividades do Plan de Orientación Académica e Profesional, contamos cunha charla por parte da Guardia Civil da comarca, dentro do Plan Director, o pasado 1 de marzo, para o alumnado de 4º ESO e alumnado de 1º de bacharelato sobre as diferentes especialidades do corpo da Guardia Civil: acceso, funcións... sempre dentro dunha perspectiva de esforzo e estudo para que o alumnado se forme adecuadamente e poida tomar decisións académicas e profesionais de forma coherente ás súas preferencias e capacidades personais.

 



Como parte do Plan de Acción Titorial e dentro do Plan Director, a Guardia Civil tamén levou a cabo os días 1 e 3 de marzo unha charla co alumnado de 1º ESO e de 4º ESO respectivamente, para conciencia sobre a importancia da prevención da violencia de xénero: rexeitamento cara toda clase de violencia, consecuencias emocionais, familiares e danos colaterais, sinais de alarma e a importancia de denunciar calquera feito de violencia de xénero que se produzca".

O día 3 de marzo, dentro do Plan de Acción Titorial, abordouse a través do Plan Director da Guardia Civil a prevención das drogas e o alcohol co alumnado de 2º ESO: as consecuencias negativas que tales consumos producen en quen consume e na sociedade en xeral e a importancia de estar alerta e rexeitar calquera tipo de sustancia nociva".

O día 2 de marzo, dentro das actividades do Plan de Orientación Académica e Profesional, contamos coa presenza do presidente da CIUG, D. Iván Carlos Área Carracedo, quen explicou ao alumnado de 2º Bacharelato en que vai consistir a proba de acceso á Universidade, a ABAU,  e diferentes aspectos relacionados coa mesma: datas de exames e horarios, como levar a cabo unha reclamación, como solicitar praza nas diferentes titulacións a través da aplicación NERTA...

Aínda que son vídeos da FP de Andalucía, presentámoschos para que explores os protagonistas das distintas ramas de FP. Non dubides en preguntar as túas dúbidas. Preme na seguinte imaxe.

 

app

 

 

 

 

O xoves 8 de abril celebrouse a Xornada Virtual de Portas Abertas da UDC (XVPA), amosando a oferta académica e vida universitaria ao Futuro Estudante

Dado que as medidas sanitarias seguen sen permitir organización de Xornadas de Portas Abertas presenciais, mantemos activa a web da Xornada Virtual: 

Acceso ás Xornadas

Nela atoparán:

  • Vídeoconferencias de todos os Graos
  • Vídeos curtos dos Centros nos que se imparten
  • Vídeos con experiencias de alumnado matriculado e egresado
  • Vídeos da vida Universitaria: Residencias, Deporte, Cultura, Centro de Linguas, Voluntariado, Emprego, UDC Saudable, Oficina de Medioambiente...

Para o alumnado de 4º ESO: o día 2 de abril tiñamos organizada unha xornada de orientación vocacional no IES A Basella co alumnado do IES Faro das Lúas e do IES Illa de Arousa.

Como non foi posible levala a cabo, preparamos entre as orientadoras dos tres centros a seguinte presentación para que teñades acceso a dita información.

Se tedes algúnha dúbida, podedes contactar con Leticia a través do correo electrónico.

Moito ánimo!

 

Tedes dúbidas sobre o que queredes estudar? Aquí podedes informarvos. Premede na seguinte imaxe, é como un xogo:

 

INFORMACIÓN SOBRE QUE PODO ESTUDAR:

Recoméndovos unha páxina con moita información sobre orientación académica e profesional:

 orientaguiaSó tés que premer na imaxe para entrar nela.

 

Na pestana “proyecto vocacional” – “reflexiono sobre mi” tendes Test de orientación vocacional. Aconséllovos fagades o “Test Gran Recorrido”

Na mesma páxina, na pestana “ciclos formativos”- “videoteca” tendes Videos sobre FP

Na mesma páxina, na pestana “outros estudos” ou “seguridad” tendes información sobre Ensinanzas Especiais (deportes, danza..) e Forzas Armadas.

Na mesma páxina, na pestana “Universidad” tendes unha lista dos Graos e onde estudalos

Na páxina http://www.avanzaentucarrera.com/  Na pestana “Consejos y guias”- “Estudios en España” atoparedes información tamén sobre moitos Graos etc...

 

 

UNIVERSIDADE

As páxinas das 3 universidades Galegas son as seguintes:

(Só tés que premer nas imaxes para entrar nelas)

· Universidade de Santiago (Campus Santiago e Lugo)
· Universidade da Coruña (Campus Coruña e Ferrol)
· Universidade de Vigo (Campus Vigo, Pontevedra e Ourense)

 

Neste último enlace (os outros funcionan semellante pero esta páxina está moi ben), pinchando en “futuro alumnado” – “para orientar” tedes videos dos graos e as materias dos graos. En “orientación en liña” vos ensinan a empregar o programa Nerta,  etc...

Fundamental a páxina da CIUGA:      

http://ciug.gal/

Neste enlace atoparedes toda a información referente a ABAU, Ponderacións, Notas de corte, etc… das tres universidades galegas.

 

 

FP EN GALICIA

http://www.edu.xunta.es/fp/

Aquí atoparedes toda a información sobre ciclos de FP, Probas de Acceso, Validacións (paso de CF Sup a Universidade)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut