Skip to Content

Un mes intenso en orientación.

Dentro das actividades do Plan de Orientación Académica e Profesional, contamos cunha charla por parte da Guardia Civil da comarca, dentro do Plan Director, o pasado 1 de marzo, para o alumnado de 4º ESO e alumnado de 1º de bacharelato sobre as diferentes especialidades do corpo da Guardia Civil: acceso, funcións... sempre dentro dunha perspectiva de esforzo e estudo para que o alumnado se forme adecuadamente e poida tomar decisións académicas e profesionais de forma coherente ás súas preferencias e capacidades personais.

 



Como parte do Plan de Acción Titorial e dentro do Plan Director, a Guardia Civil tamén levou a cabo os días 1 e 3 de marzo unha charla co alumnado de 1º ESO e de 4º ESO respectivamente, para conciencia sobre a importancia da prevención da violencia de xénero: rexeitamento cara toda clase de violencia, consecuencias emocionais, familiares e danos colaterais, sinais de alarma e a importancia de denunciar calquera feito de violencia de xénero que se produzca".

O día 3 de marzo, dentro do Plan de Acción Titorial, abordouse a través do Plan Director da Guardia Civil a prevención das drogas e o alcohol co alumnado de 2º ESO: as consecuencias negativas que tales consumos producen en quen consume e na sociedade en xeral e a importancia de estar alerta e rexeitar calquera tipo de sustancia nociva".

O día 2 de marzo, dentro das actividades do Plan de Orientación Académica e Profesional, contamos coa presenza do presidente da CIUG, D. Iván Carlos Área Carracedo, quen explicou ao alumnado de 2º Bacharelato en que vai consistir a proba de acceso á Universidade, a ABAU,  e diferentes aspectos relacionados coa mesma: datas de exames e horarios, como levar a cabo unha reclamación, como solicitar praza nas diferentes titulacións a través da aplicación NERTA...



page | by Dr. Radut