PROBAS DE PROMOCIÓN E CERTIFICACIÓN - CONVOCATORIA ORDINARIA 2024 (Alumnado oficial)

Acceda ao calendario completo da convocatoria ordinaria de todas as probas do idioma alemán (escritas e orais).

No caso das probas orais de promoción (niveis A1,  B1.1. e C1.1.), diríxase á súa titora/ao seu titor para informarse das datas e horas fixadas.

Para consultaren as datas e horas das probas orais de certificación (A2, B1, B2 e C1), abra a ligazón no epígrafe correspondente abaixo:

   

NIVEL BÁSICO A2

NIVEL INTERMEDIO B1

NIVEL INTERMEDIO B2

 NIVEL AVANZADO C1

 

AVISOS IMPORTANTES:

 Prégaselles ás persoas candidatas que comparezan ás probas con 15 minutos  de antelación.

 Os chamamentos faranse no Salón de Actos da EOI de Pontevedra. Permaneza atenta/o. Se transcorrido un tempo, vostede non for chamado, acuda á Conserxaría para que lle indiquen a aula onde se desenvolverá a proba.

 Conte con que na mañá ou na tarde das probas (escritas/orais) deberá ter dispoñibilidade total, en caso de producirse algunha incidencia. Lembre que poderá solicitar ás profesoras/ós profesores administradores das probas un xustificante de asistencia. 

En caso de detectaren, calquera omisión ou incorrección, contacte coa maior brevidade posible coa súa titora/co seu titor ou coa xefa do departamento.

 O desenvolvemento satisfactorio das probas depende de toda a comunidade educativa, polo que por adiantado agradecemos a súa colaboración á hora de manter silencio, acudir con puntualidade, etc.