VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA 19-20

Queres participar nunha iniciativa solidaria? Gústache ler? Daquela este é o teu Programa! Axúdanos a convertir a biblioteca nun espazo de convivencia. Participa como persoa voluntaria na biblioteca e recibirás un Certificado Oficial da Consellería recoñecendo a túa labor. Cubre a solicitude antes do 25 de outubro e achégaa na conserxaría.  Un pouco do teu tempo é moito para nós!