Trámites e xestións: traslados de expediente/matrícula

Segundo regula a Orde de avaliación do 08/09/2008 (DOG do 26/09) e a Orde do 19 de abril de 2012 que modifica á anterior (DOG do 30/04), o traslado de expediente entre EOI está vencellado á matrícula, e polo tanto está condicionado pola dispoñibilidade de prazas na EOI de destino.

Se cursou con anterioridade noutra EOI e quere continuar os seus estudos na nosa EOI debe proceder así:

  • se está dentro do período de preinscrición e matrícula oficial só ten que seguir o procedemento habitual para a preinscrición e matrícula oficial e, á hora de formalizar a súa matrícula, achegar unha certificación académica actualizada da súa anterior EOI xunto co resto da documentación;
  • se xa remataron por completo os períodos de matrícula, deberá solicitar a dispoñibilidade de prazas enviando este formulario de solicitude cuberto e unha certificación académica da súa EOI de procedencia a secretaria@eoisantiago.org; a EOI de Santiago de Compostela porase en contacto con vostede para informarlle se se lle pode acoller, e como proceder

Non se admitirán solicitudes de traslado dunha matrícula viva dentro do período de matrícula do mesmo curso.

Importante: o traslado de matrícula entre EOI de Galicia non supón custo adicional algún; porén, para os traslados entre centros de diferentes comunidades aplicarase a normativa vixente, que no caso de Galicia esixe que os expedientes procedentes doutras comunidades autónomas aboen as taxas para as EOI galegas. Teña en conta tamén que outras comunidades autonómas poden ter requisitos administrativos diferentes para esta xestión.