Instancias e buzón de suxestións

Instancia xeral: 

Aquí pode atopar un modelo de instancia xeral para presentar ante a dirección da EOI de Santiago de Compostela. Tamén pode utilizar o formulario normalizado disposto polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia (non é preciso presentalo electrónicamente).

____________________________________

Devolución de taxas: 

Pode solicitar a devolución das taxas de matrícula por causas imputables ao centro ou por ingresos indebidos. As normas non contemplan a devolución por renuncia, abandono de estudos, incompatibilidade horaria, traslado a outra comunidade, ou calquera outra causa sobrevida non imputable ao centro. A solicitude non implica a devolución automática. Para solicitar a devolución contacte previamente coa secretaría do centro.

____________________________________

Reclamación de exame: 

O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación nas probas finais poderá presentar unha reclamación ante a dirección do centro. Para iso deberá achegar á secretaría da escola este modelo de instancia debidamente cumprimentado, ben en persoa na secretaría do centro no horario de atención de secretaría ou ben por correo electrónico ao enderezo secretaria[@]eoisantiago.org (sen corchetes), estritamente nos prazos habilitados para as reclamacións en cada período de exames. 

____________________________________

Se quere formular suxestións, queixas ou felicitacións ao centro, pode facelo a través da caixa de suxestións.