Trámites e xestións: certificacións académicas

Para solicitar certificacións académicas de expediente indique os datos necesarios cubrindo este formulario de solicitude. Esta expedición non ten ningún custo adicional.

A certificación estará dispoñible para recoller na secretaría do centro a semana seguinte á solicitude. A persoa interesada poderá recoller a certificación, ou enviar a unha terceira persoa con autorización por escrito. Tamén se poderá enviar unha copia escaneada ao enderezo electrónico que consta no expediente. Se precisase outro formato de certificado deberá facérnolo saber con antelación.