Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Asociación de alumnos e ex-alumnos

Cursos de verán 2017

Cursos de veránXa están en marcha os cursos de verán 2017, patrocinados pola Asociación de Alumnos e Antigos Alumnos durante o mes de xullo en colaboración coa EOI de Santiago de Compostela.

A oferta inclúe cursos de actualización de alemán, francés, inglés, italiano, e portugués, dirixidos a aquelas persoas con coñecementos previos da lingua, que queiran mellorar a súa competencia nas destrezas de expresión oral e escrita. Diagnostica o teu nivel con estas táboas de autoavaliación.

Prazo de inscrición: ata o 23 xuño, na Secretaría da EOI.

Como facerse socio e por que?

Terás dereito a:

  • participar en todas as actividades culturais e de promoción de idiomas da escola propostas polos diferentes departamentos na EOI, así como nas da propia Asociación
  • descontos na matrícula dos cursos de verán, así como, noutros cursos que organice a Asociación
  • uso do servizo da biblioteca

Consulta os estatutos da asociación. Estamos abertos ás túas suxestións.

As persoas interesadas en farcerse socias da Asociación de alumnos e antigos alumnos da EOI de Santiago de Compostela deben cumprir estes requisitos:

  • estar matriculado nalgunha EOI
  • ter estado matriculado nalgunha EOI (polo menos durante un curso)

Ademais deben cubrir a solicitude de ingreso, e achegala xunto cunha fotocpia do DNI/NIE e un xustificante do pago da cota (10 euros/ano, a ingresar na conta de LaCaixa con IBAN: ES07-2100-5875-89-0200009280).

Para máis información, contacta connosco en asalumnado@eoisantiago.org.

Cantos máis socios sexamos máis cartos teremos para programar actividades relacionadas co acercamento e o perfeccionamento da aprendizaxe das linguas e que polos cauces públicos non son ofertadas. Os socios terán descontos nas actividades que haxa que pagar e poderán acceder gratis a aquelas que así o consideren os órganos de dirección da Asociación.

Distribuir contido