Comezo do ano lectivo 2018-2019

As actividades lectivas do curso 2018-2019 comezarán consonte o seguinte calendario:

  • desde o luns, 24 de setembro: cursos de B2, B2-intensivo, B2.1, e B2.2 (todos os idiomas)
  • desde o martes, 25 de setembro: cursos de B1, B1.1, e B1.2 (todos os idiomas). En Negreira, as clases do grupo IN-B1-1 comezarán o 2 de outubro. 
  • desde o mércores, 26 de setembro: cursos de C1, C1-intensivo, C1.1 e C1.2 (todos os idiomas)
  • desde o xoves, 27 de setembro: cursos de C2, A1, A2 A2-intensivo e A1-A2 (todos os idiomas). En Negreira, as clases de grupo IN-A1A2-1 comezarán o 1 de outubro. 

Pode acontecer que o día de comezo dos diferentes niveis a algún dos grupos non lles coincida con algunha das súas sesións semanais. Neses casos, dito comezo será no seguinte día que lles corresponder segundo o seu horario.

PODE CONSULTAR INFORMACIÓN SOBRE CLASES CANCELADAS AQUÍ