Á Conversa cos escritores Ledicia Costas e Pedro Guilherme-Moreira

Pedro Guilherme-Moreira

Ledicia Costas

CONVERSAS NORTEAR GALICIA-NORTE DE PORTUGAL: UN UNIVERSO COMÚN?

Organizados polas Direccións de Cultura de Galicia e o Norte de Portugal, os encontros entre escritores galegos e portugueses chegan á nosa escola, en colaboración co equipo de dinamización lingüística e os departamentos de galego e portugués, e onde o público presente terá tamén a voz e a palabra.

Luns, 23 de novembro 2015, ás 20:00h, no Salón de Actos da EOI.

Ledicia Costas (Vigo, 1979) é avogada e escritora. Iniciou a súa andaina literaria con Unha estrela no vento (Xerais, 2000). No 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e no 2015 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ambos con Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014).

Pedro Guilherme-Moreira (Porto, 1969) é avogado e escritor. En maio do 2011, publica o seu primeiro libro, A Manhã do Mundo (Publicações Dom Quixote) e, en febreiro do 2014, o seu segundo romance, Livro Sem Ninguém (Publicações Dom Quixote), obra finalista do Premio LeYa no 2012.