Poden solicitar estas bolsas os estudantes que estean matriculados no curso 2018/2019 en estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia.
Prazo de presentación
Do 16 de agosto ao 01 de outubro de 2018.
Requisitos
Para ter dereito a bolsa deberán reunir os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou ser residente en España para alumnos doutras nacionalidades (coas particularidades que desenvolve a convocatoria).
- Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
- Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.
Presentación de solicitudes
A solicitude preséntase a través do formulario na páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.