Acordo de colaboración entre o Cinema NUMAX e a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

numax 

Co fin de incentivar a aprendizaxe das linguas a través do cinema e de promover o intercambio entre ambas entidades, a entidade Numax e a nosa escola acordan que o alumnado con matrícula activa de calquera nivel e idioma da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela poida gozar de tarifa reducida en calquera das sesións da sala, nos seguintes termos:

  • Este acordo terá validez desde o día 15 de marzo até ao día 31 de agosto de 2024, e será prorrogado anualmente de forma automática, a non ser que unha das partes o denuncie e o avise á outra parte cunha antelación mínima de un mes.
  • A tarifa será de 4,6 € de luns a xoves e de 6 € os venres, fin de semana e festivos, que poderá ser actualizada de acordo co calendario de actualización de tarifas do Cinema NUMAX.
  • Para acceder a ditos descontos será preciso que o alumnado amose un documento acreditativo de estar matriculado/a na EOI, quer o resgardo de matrícula confirmada quer o carné de estudante actualizados. A tal efecto, a escola emitirá un documento acreditativo para o alumnado que o desexe.