Axudas para cursos de idiomas no estranxeiro durante o verán

axudas veran

Aviso ao alumnado universitario interesado en facer cursos de idiomas no estranxeiro este verán:

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ven de convocar axudas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024 (código de procedemento ED416A).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de marzo de 2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario das universidades públicas que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2023/24 como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2023, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.

b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

Podes atopar o texto completo da convocatoria nesta ligazón.