Podcast Club. Ampliamos prazo de inscrición!

Tras o éxito do primeiro encontro do Podcast Club organizado pola biblioteca da escola en colaboración co departamento de inglés, decidimos ampliar o prazo de inscrición de cara a próxima sesión en xaneiro.
Se formas parte do alumnado de inglés dos niveis B2, C1 e C2 podes participar. Escoitaremos, comentaremos, debatiremos...
Inscríbete aquí e participa!
DATA: 22 xaneiro
HORA: 16:20
LUGAR: Biblioteca EOI Santiago (Vite)
DEPARTAMENTO: inglés