Programa Xuventude Mentoring

Se tes entre 18 e 30 anos e tes cursado estudos de grao/posgrao, formación profesional de  grao superior ou estudos superiores de ensinanzas de réxime especial, podes optar ao Programa Xuventude Mentoring.

Contarás con apoio profesional e asistencia de persoas mentoras con experiencia para enfocar o teu desenvolvemento cara ao mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia. Mais info e formulario de inscrición aquí. Prazo aberto até ao día 10 de marzo