Xornadas: A lingua e o reino, entre Compostela e Braga

 Sabías que Faro, Pino e Iriçã eran os nomes de tres coñecidas localidades galegas, unha delas unha das nosas grandes cidades? Fas idea de quen lle mudou o nome e por que? Non ouviste falar doutras moitas mudanzas de topónimos como eses durante o Reino Medieval da Galiza?

Ven descubrir e coñecer estas e outras interesantes transformacións dos nomes de lugar feitas por monarcas galegos da altura, da man dun dos maiores especialistas galegos en toponimia!

O nome dos lugares: as intervencións monárquicas na toponimia galego-portuguesa. Por Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo, numerario da Real Academia Galega e especialista en toponimia e antroponimia. Martes 17 de xaneiro, 19:30 h, Sala de Actos.

Tamén podes seguir a conferencia retransmitida ao vivo desde aquí

Organización e curadoría: Deputación da Coruña e Rede da GaliLusofonia. Coa colaboración de: Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela; aRi[t]mar galiza e portugal; Escola de Letras, Ciências e Artes Humanas da Universidade do Minho e Convergências Portugal Galiza.