Concurso "Unha foto con Mafalda"

A gañadora do concurso é Ana Belén Guillén, alumna de galego. Grazas por participar e parabéns!!!

 

Celebra os 30 días de banda deseñada na túa biblioteca de idiomas!

Mafalda quere sacarse unha foto contigo. Colle en préstamo na biblioteca a túa banda deseñada favorita, di pataca e sube a foto ás redes sociais, empregando o cancelo #unhafotoconmafalda2020 e mais mencionando a escola (co usuario @eoisantiago en Facebook e Twitter ou @eoi_santiago en Instagram). Así entrarás no sorteo dun premio dun vale de 50€ para a librería especializada en banda deseñada A gata tola. E se te disfrazas de personaxe de banda deseñada, terás o dobre de papeletas para participar no sorteo! Admítense fotos de grupo, pero le ben as bases do concurso antes de participar.

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo de 2020 ao carón da árbore das letras, na entrada da sede da EOI en Vite.