Xornada de convivencia en Campo Maneiro

Estos días os nenos e nenas das distintas escolas estamos indo a Campo Maneiro a facer unha xornada de convivencia con algún alumnado do CEP Brea Segade e coa USC. Participamos no Proxecto "Máis ca Leña".

Aprendemos un montón de cousas acerca dos bosques (fogar de moitos animais, proporcionannos osíxeno, madeira, coñecemos distinto tipo de árbores, árbores invasoras,  metódos de extracción da resina (tradicional ou moderno),diferencia entre plantar e sementar...). Para rematar a xornada fomos visitar as cabuxas e ós burros Michel e Salvador.

Están sendo unhas xornadas moi divertidasSorriso e fructíferas.