14ª SESIÓN CLUB DE CIENCIA 21-22: OBRADOIRO DE CUNCHAS

Este curso no noso club de ciencia estamos aprendendo moitas cousas relacionadas con proxecto que estamos levando a cabo nas nosas escolas "OcéanoCRAfico: estudo e conservación do medio mariño". Hoxe tocoulles as cunchas!

       

Coñecimos un instrumento novo, o calibre que nos permite medir a cuncha para saber a talla do animal que temos diante. É un aparello que se utiliza a diario nas lonxas, e permite saber si o marisco ten o tamaño reglamentario ou pola contra se foi collido demasiado cedo e aínda lle falta por crecer. 

Traballamos con cunchas de vieiras, zamburiñas, volandeiras, ameixas e mexilóns. Descubrimos que todos eles son animais bivalvos que teñene dúas cunchas, e que todos teñen un antepasado común que é o nautilus, e coñecimos tamén outro animal prehistórico que é tamén antepasado dos bivalvos o argonauta. 

      

 

E tamén coñecimos o nome científico de todos estes animais, e descubrimos que se dí igual en todas as partes do mundo! e sabías que no etiquetado ten que vir recollido?? Pois é moi importante para que o consumidor coñeza a procedencia do produto que compra.