Reunión de coordenación cos centros receptores

Hoxe 27 de Abril terán lugar dúas reunións de coordenación entre titores/as do C.R.A. e titores e titoras dos centros receptores Brea Segade  e Castelao.

O obxecto das reunións e mellorar todo o proceso de transición dos alumnos do C.R.A. aos centros receptores, tanto na toma de decisión a respecto da promoción, como no intercambio de información, como no traballo coordenado dos aspectos conductuais.

Máis información no enlace

 REUNIÓN DE COORDENACIÓN C.R.A. DE RIANXO E CENTROS RECEPTORES CEIP CASTELAO E CEP BREA SEGADE