Os amigos de Martiño

Debuxo de Sarela Betanzos Freire

 

Martiño 

é un neno

duns nove anos,

máis ou menos,

miudo, moreno, esplido,

e dos animais amigo.

 

Vive nunha aldea

preto do mar,

o que significa

que tanto pode,

coa panda enredar,

nunha carballeira

coma na praia 

ou na ribeira

 

O barco e mailo tractor

forman parte da súa vida,

e sabe onde se lles pisa

cando andan con preguiza.

É un discípulo bo,

tanto na escola 

coma fora dela.

Aproveita a sabencia 

cando fala a experiencia

pola boca do avó.

 

Vai ó colexio da vila

no transporte escolar,

e os domingos

despois  da misa

vai cos amigos pasear.

 

Cando ten ocasión

busca na televisión

programas deportivos,

reportaxes culturais,

espacios recreativos

e vídeos musicais.

 

Poema do libro "Os amigos de Martiño" 1999, de Xesús Santos Suárez, na Editoria Ir Indo.