Celebrando a Pascua

Nos próximos días os cátolicos de todo o mundo imos celebrar a Semana Santa, datas de recollemento onde lembramos a paixón e a morte de Xesús. Estas datas culminan no Domingo de Pascua, día no que, segundo nos contan os evanxeos, conmemoramos a Resurrección de Xesús. Este é un día moi feliz para todos os cristiáns e dende fai moitos séculos, un día onde  se agasalla aos amigos e os nenos e nenas con doces e xoguetes.

Aos nenos de Relixión encántanos facer agasallos para as nosas familias polo que este ano decidimos elaborar unhas tarxetas de "Felices Pascuas" para celebrar a festa da Pascua. Como debuxo central escollemos ovos e coelliños. Aquí tendes uns exemplos do noso traballo:

    

     

   

 

Nestes días nas escolas tamén traballamos a Semana Santa e as procesións, nalgunhas nos deu tempo a debuxar os nazarenos. Ahí van algúns exemplos.

    

 

Os nenos e nenas de 2º de Primaria dentro do noso proxecto do Ciclo Litúrxico tamén fixemos unha felicitación de Pascua especial, a fixemos a modo de Cirio Pascual. mirade que bonitos nos quedaron:

 

 

 

Para rematar como tamén íamos levar para a casa as cousiñas que fixemos polo día da Paz, a profe Celia preparounos un sobre feito con folios de cores, onde metimos os nosos traballos para levar para a casa:

 

 

 

 

Bueno pois todo isto fixemos antes de comezar coas vacacións de Semana Santa, a continuación podedes ver a galería de imaxes destas actividades.

 

Esperamos que vos guste moito o noso traballo, moitos bicos dos nenos e nenas de Relixión do CRA, e FELICES PASCUAS PARA TODOS E TODAS!

 

 

CURIOSIDADE:

Sabedes cal é a orixe do Coelliño de Pascua? Pois contan as lendas cristiás que no sepulcro onde foi depositado o corpo de Xesús había un tobo de coellos, e cando Xesús volveu a vida os coelliños estaban alí mirando, polo que se convertiron nos primeiros testigos da Resurrección, de ahí xurde a súa fama, e por iso é costume agasallar aos nenos e nenas non só con ovos senón tamén con coelliños de pascua feitos de chocolate. Na nosa terra a tradición é agasallar con rosca ou roscón de Pascua, dende Relixión animámosvos a seguir conservando esta tradición. Moitos bicos.