Grazas Daniel

 

 

Nestes días na área de Relixión nos propuxemos cambiar o debuxo que indica en que lugar se gardan os nosos traballos dentro da aula. Tiñamos nalgunhas aulas unhas etiquetas moi vellas que estaban moi estropeadas, e noutras aulas nen sequera tiñamos etiqueta. Polo que decidimos que xa era hora de facer unha nova. Entón a profe Celia non se lle ocorría que debuxo poñer, e un amigo noso se ofreceu a disfrazarse de anxiño, un amigo moi especial de todos os nenos e nenas do CRA, un amigo que sabe que en Reli traballamos con moitos contos e coas historias da Biblia, e que nos portamos moi ben! Este amigo que se nos ofreceu non é outro que Daniel, que se puxo todo guapo disfrazado de anxiño. Queredes ver como quedou a nova etiqueta? Pois mirade que bonita!

 

 

E despois de que Daniel nos fixera este agasallo tan bonito, nos tamén o quixemos agasallar a el pero decidimos que tiña que ser algo moi divertido, un agasallo especial co que Daniel o pasase moi ben. E decidimos disfrazalo de todo aquilo que se nos foi ocorrendo.

Os nenos máis pequenos colorearon de decoraron a Daniel disfrazado de anxiño:

 

 

Aquí podedes ver a galería de imaxes:

 

O máis maiores fixémoslle a Daniel moitos disfraces, aquí tedes uns exemplos:

 

A continuación podedes ver a galería de imaxes:

 

Pois aquí remata esta actividade tan divertida, esperamos que Daniel o pase moi ben coa súa nova colección de disfraces e nós, os nenos e nenas de Reli do CRA, nos lembraremos todos os días do noso amigo da biblioteca que nos invita, cada día, a descubrir o marabilloso mundo dos libros. Grazas Daniel!

Esperamos que vos gustase moito  o noso traballo. Moitos biquiños e ata a próxima!