Ríos, regos e regatos

Río de Quintáns en Isorna

Río de Qintáns en Quintáns Isorna

 

A orografía con abundancia de montes e vales facilita a formación de pequenos ríos ou regatos, cunha gran riqueza natural e patrimonial. Ao lado destes regatos é doado observar árbores caducifolias, carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros ...

Estes regatos tiveron ata épocas bastante recentes un aproveitamento importante sobre todo para alimentar unha grande cantidade de muiños e para labores de rega.

Entre estes regatos citamos: río Isorna ou Quintáns e río da Vacariza, na parroquia de Isorna, río Rial, río de Brión e río da Grenla en Leiro, río do Pazo en Pazo. Todos estes regatos levan as súas augas directamente á Ría. Nas parroquias de Araño e de Taragoña, hai varios regatos que levan as súas augas ao río Té: regato do Muiño do Conde, regato de Batán, regato Muiños, regato Floxo ...

VER ALBUM DE FOTOS