PROXECTO DE COLABORACIÓN LOCAL "ECO-MAR".

A CAIXA DOS SENTIDOS


 Xogamos a averiguar polo tacto os obxectos e produtos dun tesouro e identificar si eran de orixe mariño ou non. Así, vimos que o sal que empregamos para cociñar extráese da auga salgada, que as persoas tamén comemos algas, que con elas tamén se elaboran cremas para botar na pel e que se venden deshidratadas.


Os nosos amigos de Eco-mar tamén nos trouxeron unha lamprea conxelada. Agora sabemos que é un peixe que xa existía na época dos dinosaurios e que se alimenta do sangue doutros peixes (por iso lle chamamos "parásito"). Puidemos observar os seus ollos, branquias, boca, orificio senovial...


Contemplamos fotografías na PDI de xoias arqueolóxicas conservadas no fondo do mar (tesouros, fósiles, ámbar...).


Como curiosidade, descubrimos que no Pleistoceno a península ibérica estaba asolagada pola auga do mar e por iso aparecen restos mariños na meseta.


ADAPTACIÓN AO MEDIO


Desfrutamos dunha sesión sobre a adaptación ao medio dos animais mariños, ou sexa, a CAMUFLAXE.


E como o peixe Nemo nos veu visitar quixemos saber máis cousiñas del, pois Nemo é un peixe paiaso e a súa casa é unha anémona, mais como pican, nós non poderiamos achegarnos. Aos peixes paiasos non lles pican porque cando son pequenos frótanse contra elas e recóbrense dunha envoltura xelatinosa protectora.



Descubrimos que existen o peixe esponxa (incluso vimos, tocamos e ulimos unha natural...), o peixe pedra, como se camuflan os chopos na area... Ademáis, vimos distintas especies de cabaliños de mar, averiguamos que teñen a cola rizada para agarrarse ás algas e corais, como diferenciar o macho da femia, que é a única especie na que é o macho quen pon os ovos... e vimos fósiles de cabaliño e outra do peixe agulla e das súas crías.


 


Víctor ensinounos fotos do seu traballo no acuario, cos tiburóns, peixes paiaso, caranguexos castaña, peixes cirurxián... que comían, cando, como hai que prepararlles a comida, como limpan os acuarios, as formas de alimentalos... e vimos un fermoso video dun buzo nadando entre tiburóns e durmíndoos, pois acariciándolles a boca se relaxan. Chegamos á conclusión de que o rei da camuflaxe é o polbo e por iso estamos moi orgullosos do noso polbo Pucho.