A FIGURA DO APÓSTOLO SANTIAGO E A EVANXELIZACIÓN DE GALIZA

 

Cando falamos da evanxelización de Galiza é imposible obviar a figura de Santiago Apóstolo, xa que é un dos principais artífices da chegada do cristianismo á Península Ibérica. Neste 3º trimestre os nenos e nenas de Relixión estamos rematando a nosa viaxe a través do tempo para coñecer as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Sin ningunha dúbida o credo cristian é a máis importante crenza relixiosa da nosa terra, chegou ata nós, no século I cando Galiza estaba dominada polos romanos.

Segundo vemos no mapa, así era como estaba constituida Hispania durante a época da romanización. No século I un home chamado Xacobe fillo do Zebedeo, un dos discípulos máis queridos por Xesús e, según contan as crónicas, un viaxeiro incansable, chegou ata a  Gallaecia.  Considérase que a orixe da evanxelización da Península Ibérica está por un lado, nas viaxes de San Paulo que andivo polas terras do Mediterráneo na Tarraconensis e na  Cartaginensis e por outro lado nas viaxes de Xacobe que chegou as terras do norte e predicou por terras galegas esparcindo a semente da mensaxe de Xesús o seu mestre. Pero si en vida impulsou o cristianismo na nosa terra, foi despois de morto cando acadou un mérito indiscutible.

Os nenos e nenas de 2º de Reli, coñecimos a historia da viaxe milagrosa dos restos de Santiago e da fundación da cidade de Compostela por un video de debuxos animados titulado: Historia de Santiago de Compostela que podedes ver no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=l9KNKBeCxuQ

Con esta historia marabillosa aprendimos moitas cousas sobre a nosa historia relixiosa, de como se fundou a catedral de Santiago, da importancia do descubrimento da tumba do Apóstolo, e de como todo isto daría lugar ao Camiño de Santiago como unha das vías de peregrinación máis importantes da historia do cristianismo:

 

Santiago Apóstolo, catedral de Santiago de Compostela

 

O Camiño de Santiago

 

Como homenaxe ao Apóstolo decidimos facerlle un retrato que coloreamos con rotuladores finos, decoramos con rotuladores dourados e prateados, e para rematar lle puxemos unha cartulina a modo de marco:

 

   

 

A continuación podedes ver o resultado na galería de imaxes:

 

 

CURIOSIDADES LINGÜÍSTICAS:

Sabías que existen dous topónimos moi cercanos a nós, que teñen a súa orixe na lenda do traslado miragroso do corpo do Apóstolo a Galiza? estes dous nomes como podedes supoñer son Compostela e Padrón.

Conta a historia que os discípulos de Santiago entraron en Galiza polo río Sar e que ataron a barca na que chegaron a un pedrón que atoparon á altura de Iria Flavia para seguiren o camiño a pé. Pois este pedrón que significa "pedra grande" dou nome ao lugar, ao que hoxe coñecemos por Padrón. Pedrón e un derivado de pedra que ven do latín petra e significaba "rocha". E o termo Compostela se cre que ven do latín campus stellae que significa "campo de estrelas" en referencia ás luces que segundo Paio ( o hermitaño que descubriu a tumba do Apóstolo) brotaban do mausoleo cando foi descuberto e brilaban tanto como estrelas.

Sabías que os nomes de Iago, Santiago, Xaime e Xacobe son todos o mesmo? Pois sí, todos eles veñen do latín Iacobus que á súa vez ven do hebreo Yaakov que e o nome orixinal do Apóstolo Santiago, pero entón como é posible tanta variación? Pois porque xa en latin convivían duas formas para referirse ao Apóstolo Iacobus, como xa dixemos, e Iacamus.

Bueno esperamos que vos guste moito o noso traballo e que disfrutedes con estas curiosidades. Un bico moi forte e ata a próxima!