TORRES DO OESTE

BRUNO CONVÍDANOS A VISITAR AS TORRES DO OESTE, EN CATOIRA E A COÑECER A SÚA HISTORIA:
O rei Afonso III, O Magno, mandou levantar os dous edificios máis importantes do século IX en Galicia. Un deles era relixioso, a Basílica do Apóstolo, en Compostela, e o outro era unha obra civil: a reconstrución do Castellum Honesti, en Catoira.


O vello enclave romano converteuse nun dos principais castelos do reino de Galicia. O monarca armou o lugar con murallas e torres de gran altura, dúas delas aínda se conservan hoxe en día.
As Torres do Oeste impediron durante séculos o ascenso polo Ulla dos exércitos normandos e dos piratas sarracenos e a súa chegada a Compostela.


Evitáronse os ataques a Santiago, pero pouco fixeron contra o pillaxe normando nas poboacións da costa de Arousa...