A SEREA DE SÁLVORA

Un bo cabaleiro de nome Don Froilán, andando un día co seu cabalo por riba do mar, achou unha muller mariña na ribeira.  Ela era moi fermosa, pero non era quen de falar nin unha migalla.
Froilán namorouse dela e quixo poñerlle nome. E pensou que lle non caía nome mellor
ca o de Mariña, porque saíra do mar.
Froilán amábaa moito e tivo con ela un fillo, pero nunca se lle quitou a pena de que Mariña non poidese falar.
Un día mandou facer unha moi grande fogueira no seu pazo, e ela viña de fóra, e traía aquel seu fillo consigo, a quen amaba tanto coma ó seu corazón.
E don Froilán foi coller aquel fillo seu e dela, e fixo que o quería botar ó lume. E ela, coa rabia e a dor polo filho, esforzouse en berrar, e co berro botou pola boca un anaco de carne, e dalí adiante falou...»

Conde de Barcelos,"Livro de Linhagens", século XIV


TRABALLO REALIZADO NO CURSO 2011-2012 NA AULA DE 3 E 4 ANOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO

GABI, FRAN, FABIOLA, EVANGELINA, ALEX, FABILOA, PAULA, HELENA, ABEL, CLARA, SABELA, CARLOS, BREOGÁN, FROILÁN E SOL