O HOME DE SAGRES

HOME DE SAGRES:
DA SÚA BOCA ABERTA DESPRENDÉRONSE A LÍNGUA, QUE TRONZOU POR SETE PARTES, E OS DENTES E AS MOAS, QUE QUEDARON ESPARECIDOS POLO MAR

As rochas do arquipélago de Sálvora gardan a historia dun encantamento...

Dise que os celtas chegaron a estas illas sabedores da maldición que as protexía e que convertía en pedra a calquera inimigo dos seus habitantes.

Saefes, xefe dos celtas, quixo conquistar as illas conquistando primeiro a Forcadiña, filla de quen gobernada naquelas terras, coa que tivo un fillo, Nor. Pero o seu plan foi descuberto e nada o librou de quedar petrificado. Dende aquela pódese ver a súa silueta no penedo de Sagres.
E en pedra convertíronse tamén Forcadiña e Nor, e todos os guerreiros celtas cos seus navíos, como advertencia para inimigos futuros...

A TRIBO DE SAGRES:

                     
                     

TRABALLO REALIZADO NO CURSO 2011-2012 NA AULA DE 3 E 4 ANOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO.

GABI, FRAN, FABIOLA, EVANGELINA, ALEX, FABILOA, PAULA, HELENA, ABEL, CLARA, SABELA, CARLOS, BREOGÁN, FROILÁN E SOL