SEMANA EUROPEA DO TIBURÓN

Gastón, o tiburón touro do Aquarium Finisterrae ( A Coruña)

Organizacións conservacionistas, científicas e recreativas de toda Europa (entre as que se atopa o Aquarium Finisterrae da Coruña) desenvolven cada ano a Semana Europea do Tiburón.

Coas actividades programadas en torno a esta semana preténdese facernos descubrir o papel que os tiburóns xogan para a conservación dos nosos mares e o perigo en que se atopan debido á sobreexplotación pesqueira.