Blogues

Abrimos a Biblioteca de Daniel para o curso 23-24

 

 

O vindeiro Mércores 4 de Outubro volve a abrir a nosa biblioteca.

Este curso ademáis de poder vir a ler e coller libros para levar para as vosas casas imos a ter sesións de CONTACONTOS QUINCENALMENTE.

Próximamente informaremos sobre o Club de Ciencia

 

 

 

Programa de alimentación saudable

O claustro de mestres segue formándose en hábitos de alimentación saudable para seguir mellorando na educación  para a saúde do noso alumnado e das súas familias.

Momentos de despedidas

Hoxe dicimos adeus a Mari, a nosa coidadora, coa esperanza que volva a repetir no CRA.

Moitas grazas polos regaliños Beso

A Trastenda dos Contos - Caxoto

Hoxe fomos ao auditorio a desfrutar dun contacontos organizado pola ANPA. MOITAS GRAZAS!

Somos ECOLOXISTAS!

Para rematar o proxecto deste ano "MONTE VIVO" os nenos e nenas da escola de Capela fixeron un videoclip para lembrarnos da importancia do coidado do medioambiente.

SEXAMOS ECOLOXISTAS!

 

Música: "Ecoloxistas" de Pablo Díaz

 

Día mundial do medioambiente

Que mellor forma de conmemorar o día mundial do medioambiente que facendo unha ruta pola zona da Ermida e coñecendo da man de Emilio a flora e a fauna da beira do río Te. Aprendemos moitas cousas das sobreiras, ameneiros, madreselva, bagoas de San Xoán, cortadeiras, ras, zapateiros, ...

Aproveitando a saída visítamos o muíño da Veiga, propiedade da familia de Martín Pan aos que lle agradecemos as explicacións e a super merendola que nos prepararon.

Moitas grazas!

 

Revista Escolar Curso 2022-2023

Clica na imaxe para ver o contido.

Distribuir contido