Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Act. Complementarias

Imaxe de Jesus

Excursión á Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O 22 e 23 de outubro todos os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra fixemos unha visita guiada á Biblioteca Municipal Rego da Balsa, onde puidemos ver as súas amplas instalacións e os diferentes espazos tanto para adultos como para nenos e nenas.

Alí desfrutamos coas magnificas bibliotecarias dos diferentes recunchos da biblioteca e do seu amplo catálogo de contos, así como dun pequeno e fermoso contacontos.

Como podedes ver nas seguintes fotos, os nenos e nenas desfrutárono moito e seguro que quedaron con ganas de volver moitas máis veces.

 

 

 

Imaxe de Jesus

Día do deporte 2015

Como colofón final aos curso 2014-2015, os nenos e nenas do CRA Ponte da Pedra celebramos o Día do Deporte no Polideportivo "Carballo Calero" cedido polo Concello de Carballo.

Foi unha fermosa experiencia ver a todos os nenos e nenas do CRA compartindo unha xornada festiva realizando deporte.

 

Imaxe de Jesus

Excursión fin de curso 2015

Remata o curso 14-15 e como excursión fin de curso fumos ao MUNCYT e a visitar a Torre de Hércules.

Sen dúbida foi unha gran experiencia moi recomendable repetir.

 

Imaxe de Jesus

Pequefeira 2015

O venres 29 de maio vimos de participar na Pequefeira organizada polo Concello de Carballo, que servíu de colofón final ao Proxecto de Horto Ecolóxico co que estivemos traballando ao longo deste curso nas diferentes escolas do CRA.

Foi un día moi especial para o profesorado, o alumnado e as familias, Unha feira en toda regra!!!

 

Podedes ver a nova na prensa dende aquí.

 

Imaxe de Jesus

Festival de Nadal 2014.

O día 19 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Pazo da Cultura de Carballo que nos cedeu o Concello de carballo ao cal lle agradecemos que puxera a nosa disposición estas instalacións asi como o persoal presciso para o seu funcionamento, o técnico de imaxe de son e o persoal de limpeza.

Foi unha xornada festiva na que pais, nais, abos, aboas e demais familiares poideron desfrutar das actuacións dos nenos e nenas de tódalas escolas do CRA Ponte da Pedra.

Por ultimo aradecer á ANPA as xestións necesariass para que as Maxestades de Oriente se puideran achegar ao noso festival, nestas datas nas que se atopan tan atarefadas cos preparativos do Nadal.

Sen mais convidovos a ver as actuacións dos nosos alumnos e alumnas e desexarvos unhas moi "felices festas" e un prospero e feliz "aninovo".

Distribuir contido


by Dr. Radut