Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Act. Complementarias

Imaxe de Jesus

Festival de nadal

Agradecer á ANPA a Carballeira as súas xestións para facer posible que os Reis Magos asistan ao noso Festival de Nadal e agasallen aos alumnos e alumnas cun pequeno detalle.

Imaxe de Jesus

Visita do Apalpador 2017

Imaxe de Jesus

Magosto 2017

O venres 3 de novembro celebramos todo o CRA Ponte da Pedra o magosto nas instalacións da escola de Cances e no local social da veciñanza de Cances, que nos cedeu moi gustosamente.

Tivemos unha xornada lúdico-gastronómica na que xogamos no exterior da escola a diversos xogos de habilidade, matamos a fame con castañas e para rematar fixemos a entrega de premios do concurso de Samaín.

Pasámolo xenial!!!

 

Imaxe de Jesus

Excursión Ornitolóxica a Baldaio

No mes de outubro os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra, apoiados pola Asociación Senda Nova, fixemos unha excursión ornitolóxica ao espacio natural de Baldaio, co obxectivo de coñecer o noso patrimonio natural máis próximo e as veces tan descoñecido.

Ali puidemos observar cormoráns, garcetas e outras aves que se establecen temporalmente neste espacio natural na súa migración a terras máis cálidas.

Foi toda unha aventura, na que aproveitamos para recoller plásticos e desperdicios abandonados polas persoas.

Quedamos con moitas ganas de voltar!!!

Imaxe de Jesus

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO 2017 PARQUE ZOOLÓXICO DE MARCELLE

O luns 19 de xuño iremos en autobús o parque zoolóxico de Marcelle, onde aprenderemos a
importancia de coidar e conservar a natureza.
O alumnado deberá traer:
- Roupa e calzado cómodo para camiñar no parque zoolóxico.
- Gorra e crema solar xa botada, para protexerse do sol.
- Unha mochila con dous botellíns de auga e un bocadillo para á hora de xantar.
Agradecer ao Ecmo. Concello de Carballo pola axuda de 840 € para o
desenvolvemento desta actividade.
Horario: 9.00 h. ata as 18.30 h.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut