Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Act. Complementarias

Imaxe de Jesus

Excursión á Biblioteca Rego da Balsa

O luns 29 de outubro, co obxectivo do fomento e animación á lectura, e convidados pola Biblioteca Municipal do Concello de Carballo “Rego da Balsa”, realizamos unha excursión na que visitamos a biblioteca, e asistimos a unha representación “Ratiños de Lonxedetodo “ do grupo “Trinke Trinke”.

Imaxe de Jesus

Excursión a Lugo

O luns 1 de outubro os alumnos e alumnas de primaria de todo co CRA e os alumnos de infantil de Sísamo que participaron o curso pasado no memorial do poeta Manuel María, visitaron Lugo, convidados pola casa Museo de Manuel María.

Como podedes ver nas fotos, foi unha visita moi productiva, xa que coñecemos a Muralla Romana de Lugo, a cidade do seu interior, disfrutamos do xantar na Carballeira de Santa Isabel e visitamos a Casa Museo de Manuel María.

Agradecer de corazón a invitación da Casa Museo de Manuel María.

Imaxe de Jesus

Excursión final de curso 2018. Festa despedida da primavera en Dombate.

O luns 18 de xuño, como excursión final de curso fomos á festa de Despedida da Primavera no Dolmen de Dombate, organizada polo técnico de Cultura de Cabana DE Bergantiños, Martín Martínez.

Alí desfrutamos dunha magnífica xornada con obradoiros, representacións teatrais, música, visita guiada por Lito ao Dolmen de Dombate, e como non unha viaxe no tren turístico.

Como fin de festa, fumos desfrutar da natureza no merendeiro da praia de Balarés, onde xantamos e saboreamos dun ben merecido Xeado cos cartos obtidos na pequefeira. (+FOTOS)

 

 

Imaxe de Jesus

Excursión final de curso 2018. Festa despedida da primavera en Dombate.

Imaxe de Jesus

Excursión ás Torres do Allo, Batáns de Mósquetín, e Castelo de Vimianzo

O luns 4 de maio todo o CRA fomos de excursión  tratando de coñecer o noso patrimonio cercano. (Fotos)

Visitamos no concello de Zas o Pazo das Torres do Allo que actualmente esta xestionado pola Deputación da Coruña.

No concello de Vimianzo visitamos os Batáns de Mosquetín onde merendamos nun entorno natural inmellorable a carón do rio, e vimos o funcionamento dos muiños tradicionais.

Tamén visitamos o Castelo Medieval de Vimianzo, onde asistimos a unha marabillosa guía nos ensinou como era a vida no castelo de forma teatralizada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut