Skip to Content

Cances

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN DE XOGO

Ao chegar a educación física atopámonos con esta instalación de xogo construida con pelotas, tapas e carretes de fio.

A través do xogo libre, exploración, investigación, descubrimento,... construimos unha aprendizaxe autónoma, motivante e moi divertida.

Fixemos diferentes construccións, equilibrios, experimentamos co son,... o pasamos moi ben!!

 

Imaxe de Jesus

Dia Emocionante 2019

O 12 de abril celebramos o Día Emocionante como colofón ao Programa de Educación Responsable.

Un día adicado á convivencia entre escolas do CRA que comparten centro de adscrición, posibilitando que os nenos que vaian compartir centro en Primaria se coñezan e creen vínculos de relación nun entorno agradable, creativo e sobre todo moi divertido.

Aquí vos amosamos como as nenas e nenos de Educación Primaria de Cances, Sísamo e Xoane:

 

Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN CON TUBOS E CORDINOS



A semana pasada en educación física atoparon unha instalación con tubos de cartón de diferentes tamaños e cordinos.

Os nenos e nenas a través do descubrimento, experimentación e creatividade foron construindo diferentes xogos e actividades (construccións, experimentaron co son dos tubos, catalexos, fixeron un barco pirata,...) tanto individuais coma grupais, fomentando así unha aprendizaxe libre e autónoma. 

O pasaron moi ben!

Imaxe de Sandra

ENTROIDO GALEGO

ENTROIDO GALEGO CANCES 2019

Aínda que a celebración do entroido estivo prohibida durante a dictadura, hoxe en día é unha festa popular con tintes particulares e diferenciados entre as diversas localidades rurais de Galicia.

E por iso na escola gústanos celebralo e tamén incidir nas diferentes personaxes típicas do entroido galego.

Esta relevancia recae en que por exemplo hai diversas localidades declaradas de interese turístico en Galicia, como poden ser :

-O entroido de Xinzo de Limia.

-O entroido de Laza.

-O entroido de Verín.

-Entroido dos Xerais do Ulla.

-De Viana do Castelo.

-Ou o Folión tradicional do Entroido de Manzaneda, entre outros.

 

Fai dous anos centrámonos nas persoaxes dos PELIQUEIROS:

 

E este ano escollimos OS VOLANTES DE LUGO,  para iso empregamos o noso cartel do entroido para situar de onde era típico ese disfraz e elaboramos un dossier propio do ENTROIDO GALEGO.

 

 

CAL SERÁ A PERSOAXE ANTROIDEIRA QUE ESCOLLEREMOS PARA O PRÓXIMO ANO?

Imaxe de Sandra

SLIME- MANUALIDADE DE ELI NO ENTROIDO

MANUALIDADE DE SLIME- ELI

A semana pasada Eli, irmá do noso compañeiro Julio ensinounos a facer Slime na aula, para iso trouxonos un texto INSTRUCTIVO, que é un texto onde se poñen de manifesto as indicacións para levar a cabo unha acción, neste caso unha manualidade, pero que tamén se emprega por exemplo para a elaboración dunha receita.

 

No propio texto Eli explicounos os materiais e productos que empregaríamos e tamén todo o proceso de elaboración.

E os nenos e nenas de Cances puxéronse mans á obra!!!

 

Gustoulles moito esta manualidade xa que está de moda entre os cativos e cativas, e a nivel didáctico traballaron a mestrura de cores primarias para obter cores secundarias ( co colorante alimenticio), as gamas cromáticas que van aparecendo,  a motricidade fina xa que precisa moita manipulación para que adquira o estado final desexado e sobre todo a creatividade e imaxinación que lle aporta no que se pode converter o seu SLIME, o cal levaron para as súas casas.

Gracias Eli.

Distribuir contido


by Dr. Radut