Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

relajación

Imaxe de Emilia

IOGA E MINDFULNESS

O longo de todo este curso, achegámonos a práctica da ioga, realizamos mandalas e diferentes técnicas de relaxación e conciencia corporal. O fin de todo esto, é o autocoñecemento, identificación de sensacións e sentimentos, mellorar a capacidade de atención e concentración, diminuir a ansiedade e frustración, coñecer o noso corpo e estimular os sentidos, mellorar a posición e fortalecemento corporal, capacidade respiratoria e ritmos....Prepararnos dende pequenos para a vida adulta, interiorizando hábitos saudables e sensacións de felicidade e benestar!

 

Imaxe de MaríaLopez

Tranquilos e atentos como unha rana.

Todos os días, á volta do recreo, buscamos un lugar tranquilo na clase para relaxarnos e descansar un pouquiño. Normalmente eles elixen o seu espacio, a súa compañía, e as súas propias técnicas para relaxarse; nós só lle proporcionamos un ambiente cálido e unha música adecuada. Pero o venres creamos outro momento distinto de relaxación. Tal e como xa fixemos o ano pasado co libro "Beni e Bela meditan" practicamos na aula un pouquiño de mindfulness, esta vez co libro "Tranquilos e atentos como unha rana". 

Creamos o ambiente adecuado, luz e un espacio cómodo,  para escoitar e atender a historia guiada que nos ía a servir para estar un pouquiño máis tranquilos e seguir co noso traballo na aula.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut