Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Paz

Imaxe de MaríaLopez

30 de Xaneiro, Día da Paz

O día 30 de Xaneiro celebrouse o Dia da Paz e da Non Violencia. Seguindo a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro establecemos un espazo da nosa aula para situar a mesa da Paz no que relaxarnos, sentir, falar... A raíz do éxito que tivo a botella da calma decidimos facer unha botella para cada un de nós.

 

                                      

Imaxe de Jacqueline

PAZ

O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e, aínda que esta é unha cuestión que se traballa durante todo o ano, adicamos algunhas sesións a realizar actividades vinculadas coa Paz. Por iso, decoramos entre todos/as un corazón que simbolizase a paz e o que para nós significaba. Así pois, fixemos un debate no que falabamos sobre o que pensabamos que é a paz e, posteriormente, decoramos o noso corazón e decidimos que íamos darnos un bico  ou unha aperta cada vez que pasásemos por debaixo del.

Estas son as ideas que xurdiron no debate sobre a paz:

Mestra: Que é iso da paz? Hai alguén que sabe que é iso da paz? Se alguén o sabe que levante a man.

Claudia: é amor.

Yago: é amor!

Alexia: tamén é amor.

Mestra: bueno, pero é máis cousas ademais de iso. Ignacio, (que tiña a man levantada) ti que pensas que é a paz?

Ignacio: que quiere mucho y da abrazos y da besitos.

Martina: tengo una pinza con corazones.

Manuel: dar abrazos.

Xoel: non romper os xoguetes. Xogar cos xoguetes tranquilo nin tirar as sillas.

Xoel: no romper os cristales.

Julia: non pegar.

Manu: no romper las fotos.

Dani: amor.

Claudia: non estropear nada.

Manu: no morder a los niños.

Martina: amor.

Xoel: no se puede pegar a los perros.

Claudia: ya no me acuerdo.

Alexia: non empuxar aos nenos.

Julia: non subir ás mesas.

Xoel: porque as mesas se poden romper.

 

 

 

Imaxe de teresa

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado día 30, a escola de Sísamo traballou arredor do día da paz. Comezamos co conto "El hombrecillo de papel" (clicade no título para velo)e posteriormente reflexionamos sobre que palabras nos fan sentir ben e cales nos lastiman.

Logo cadaquen debuxou o seu homiño en papel de xornal e outro nun folio en branco.

Despois expuxémolos todos xuntos e fixemos unha reflexión final conxunta sobre a importancia do respecto e a tolerancia para unha boa convivencia.

Este foi o resultado...

 

 

 

 

Na entrada da escola,creamos o noso recuncho de paz ao que podemos ir cando precisamos recuperar a calma, cando esta se desvaece. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut