Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Febreiro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

AS NENAS E NENOS DE SÍSAMO ESTÁN A CHORAR...

 

Esta mañá, durante o recreo, despois de varios días sen saír ao patio por mor do mal tempo, descubrimos que pasara algo terrible. A nosa querida figueira, a que plantamos con tanto esforzo e ilusión, fora destrozada.

Este suceso inundounos o corazón dunha tristura enorme. Unido a isto, a pena de saber que hai a quen lle molesta o traballo das nenas e nenos e non utiliza as palabras para expresar o seu desagrado. Sen embargo, amosa a súa disconformidade con accións destrutivas.

En nós reside a esperanza para que estes feitos reprobables non se volvan a repetir. A escola é un lugar de convivencia, de igualdade, de crecemento persoal. O respecto que demostramos polos demais é o respecto que nos damos a nós mesmos.

A nosa figueira hai unhas semanas...

 

 

 

O que queda da nosa figueira...

 

Imaxe de teresa

PROXECTO AS MONTAÑAS: FORMACIÓN DAS MONTAÑAS II

FORMACIÓN MONTAÑAS II

Esta semana Lola xunto coa súa nai, Iria, trouxéronnos á aula unha experiencia moi interesante. Simulamos como se forman as montañas utilizando para iso varias mantas. Deste xeito, completamos a información sobre a formación que viramos anteriormente a través das actividades do noso trasno Német. Falounos primeiramente do desgaste que sofren as montañas e como se acumalan formando diferentes capas.

As mantas simulan as capas diferentes da corteza terrestre e logo como as forzas se empurran no mesmo sentido deforman a corteza dando lugar as montañas.

   

Despois de probar todos a formar montañas, as mantas serviron para formar diferentes placas continentais que se desprazan sobre o manto. Simulamos a deriva continental.

  

 

Rematamos a xornada facendo as nosas propias montañas utilizando desta volta a plastilina. En varias cores, para observar como se plegan as capas e as posicións que adquiren logo de dobrarse.

 

  

Moitas gracias a Iria por dedicarnos un tempo a traballar con nós sobre o proxecto.

 

 

Imaxe de teresa

HORTO ORNAMENTAL SÍSAMO. XACINTOS

O luns puxemos en auga os xacintos que mercamos hai uns días. Para levar a cabo a actividade precisamos dunhas botellas de plástico de 1'5 l cortadas á metade.

 

 

 

 

Logo, invertimos a parte superior e introducímola na parte inferior da botella, semellando un funil polo que o xacinto tocará a auga sen que quede asolagado por ela.

 

 

A continuación, introducimos os bulbos con coidado, deixando que a parte das raíces quede na parte inferior do funil e o brote na  parte superior.

 

 

Botámoslle auga e soamente queda agardar a que medren.

Estamos ansiosos por velos cambios!!

 

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGANDO CO MONSTRO DAS CORES

 

 



 

Esta semana tivemos unha excursión a Coruña para ver a obra do monstro das cores, e nas clases de educación física aproveitamos para xogar con este monstro e traballar coas emocións.

Xogamos á pilla do monstro, bailamos con teas de cores, representamos as emocións tristura, alegría, medo, calma, amor e rabia, cantamos e nos relaxamos. O pasamos moi, moi ben!!

 
Imaxe de teresa

HORTO ECOLÓXICO ESCOLAR

Manuel Anxo regresou á escola con ánimos renovados ante a nova temporada de horto. Neste curso a intención é levar a cabo dous hortos: un de aromáticas e outro de produtos de horta. Estivemos observando e planificando o que plantar no horto de aromáticas e que traballos tiñamos que realizar previamente.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut