Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

DÍA INTERNACIÓN PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Ao longo deste mes estivemos traballando nas aulas do CRA o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Fixémolo a través do papel da muller nas artes reflexionando sobre a súa falta de protagonismo nas galerías dos museos.

Cada nena e neno localizou unha muller artista na súa familia, presentaron a súa obra na aula ao resto de compañeiras e compañeiros.

Deste traballo xurdiu esta obra colaborativa que está exposta no Pazo da Cultura de Carballo.

O noso agradecemento ás familias pola vosa colaboración na realización desta actividade; así como, ao Concello de Carballo por permitirnos expoñer a obra no Pazo da Cultura.

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO.

 

SOLICITUDE MÁSCARAS

Hoxe saíu publicada a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria. No seguinte enlace atoparede o documento con toda a información. Deberedes cubrir o seguinte formulario:

ANEXO I E II

 

 

ALUMNADO DESTINATARIO:Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

  • NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
  • TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
    1. Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    2. Alumnado matriculado en educación especial.
    3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: PRESENCIAL DO 16/11/2020 ao 26/11/20.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: na sede do CRA. 

HORARIO SECRETARÍA-SEDE: de luns a venres de 12:30 a 14:00. Luns de 16:00 a 17:00.

 

 

Imaxe de teresa

SAMAÍN E MAGOSTO

 

ANDAMOS DE FESTA...

 

Na xornada de hoxe celebramos en cada escola o SAMAÍN E MAGOSTO. Foi unha xornada que dedicamos a facer talleres con castañas, falamos dos nosos medos para despois queimalos e desfrutamos dunha merenda con temática de Samaín.

 

     

 

 

Imaxe de teresa

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 20/21

Podedes consultar o calendario do consello escolar no seguinte enlace:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Imaxe de teresa

PXA E PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 20-21

Podedes consultar a PXA do curso 20/21 así como as programacións didácticas nos seguintes enlaces:

- PXA 20/21.

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 1ºEP.

- PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE 2ºEP.

Distribuir contido


by Dr. Radut