Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available
Imaxe de teresa

ESCOLA DE FAMILIAS RESPONSABLES

Imaxe de teresa

DÍA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CRA PONTE DA PEDRA

 

Imaxe de teresa

RESERVA PRAZA 23/24

RESERVA PRAZA 23/24

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 21 de outubro de 2022 que a modifica, o próximo día 16 de xaneiro inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nos centros adscritos.

A adscrición das nosas escolas é a seguinte:

- 6º de E.I. de Mirón e Rega: C.E.I.P. Fogar.

- 2º de E.P. de Artes e Verdillo: C.E.I.P. Gándara (Sofán).

- 2º de E.P. de Cances, Sísamo e Xoane: C.E.I.P. Bergantiños.

PRAZO DAS SOLICITUDES: do 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

PRESENTACIÓN:

- medios telemáticos coa CHAVE365 ou certificado dixital na aplicación admisionalumnado.

- xeito presencial na sede do CRA por medio do formulario normalizado ED550A

IMPORTANTE: Segundo o artigo 11.2 esta reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1-20 de marzo).

(É dicir, o que desexe praza noutro centro diferente ao adscrito deberá renunciar por escrito á súa reserva de praza)

 NORMATIVA DE APLICACIÓN

 

Imaxe de teresa

La Vuelta al Cole

 

As doazóns feitas pola familias do centro ao proxecto de La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil foron dun total de 646,25€.

Na seguinte ligazón atoparedes o diploma das doazóns.

Moitas gracias a todas e todos pola vosa colaboración!

 

Imaxe de teresa

Festa de Nadal

Mañá trasladamos a actividade lectiva das escolas ao Mercado municipal de Carballo.

Será unha xornada de xogo e diversión.

Desde ás 10h ata ás 13h,  na entrada do mercado teremos un posto con agasallos de Nadal.

FELICES FESTAS!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut