Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Blogues

Imaxe de Patri

MES DE ANIVERSARIOS...

O mes de Setembro foi un mes de festexos xa que estiveron de aniversario as nosas amigas Laura T., Laura V., Gema e Lucía. Entoámos as cancións de aniversarios e ao seu ritmo as nosas compañeiras sopraron as candeas e despois invitáronnos a biscoito e bailamos entre globo e confeti. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que pasou...Para ver os aniversarios de Laura V., Laura T. e Lucía tedes 2 adxuntos ao final desta entrada.

 

ANIVERSARIO DE GEMA

 

 

 

 

ANIVERSARIOS DE LAURA

 

ANIVERSARIO DE LUCÍA

 

Imaxe de teresa

Festa de Samaín

O martes 31 de outubro celebraremos na escola de Sísamo a festa do Samaín no que haberá diferentes actividades de convivencia, merendas terroríficas e moita festa...

Lembrade disfrazarvos...

                                                                   

 

 

 

Imaxe de teresa

TIPOLOXÍAS TEXTUAIS: O TEATRO.

O TEATRO

Este trimestre imos traballar dentro das tipoloxías textuais o teatro, dado que en Carballo estamos inmersos no Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

 

Revisamos diferentes obras teatrais e buscamos similitudes entre elas. Chegamos a conclusións.

 

Escollemos o nome do noso  grupo de teatro.

 

Decidimos crear a nosa propia obra de teatro. Empezamos buscando persoanxes, situacións,....

Imaxe de Patri

COÑECÉNDONOS...

Comezamos curso en Artes!! e para coñecernos mellor xogamos un montón e fixemos un cadro conxunto que é o que preside a nosa escola, queredes ver algunha imaxe deses días? Pois aí van algunhas...Guay

(Nestas fotos aínda non aparece a nosa amiguiña Julieta porque se incorporou máis tarde)

 

 

 

Imaxe de Jacqueline

VOLTA DO NADAL

Ola familias!

Desde a escola de Mirón queremos compartir con vós algunhas imaxes da sorpresa que levamos cando volvimos ao cole despois do Nadal. Papá Noel e os Reis Magos, coa axuda do elfo Finch, deixáronnos un montón de agasallos.

Estamos disfrutando moito destes novos xoguetes.

Moitas grazas!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut