Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Jesus

Axudas para a adquisición de material escolar.

A Consellería ven de convocar axudas para a adquisición de material escolar alumnado matriculado en educación primaria, e educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/2016 (Orde de 25 de agosto do 2015, DOG 01 de setembro)..

Lugar de presentación: entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumno/a

Prazo de presentación.

Hai un único prazo de presentación: 1 mes contado dende o día seguinte ao da publicación en DOG

Inicio do Prazo: 02.09.2015 Fin do prazo: 01.10.2015

Contía das axudas e Xeración do Vale.

Hai unha única contía de axuda, isto é, 50 €. Trala xestión informática da solicitude o centro xerará un vale que entregará á familia para o seu uso ata o 31 de outubro do 2015.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2015/2016.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.

Solicitude e documentación:

Instancia para descargar e imprimir.

 

Documentación a presentar:

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante // Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente, que acredite situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31-XII-2013:

  • Certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez

  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo.

 

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Determinación da unidade familiar: Os membros que integran a unidade familiar e a data de referencia e a data de referencia para determinar a súa composición (31.12.2013) é igual que na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto. Pero, na presente convocatoria , non se fai un tratamento diferenciado da familia monoparental e resto das familias, respecto do tramo de renda e da contía das axudas. Enténdese como renda per cápita da unidade ao exercicio fiscal do 2013

Imaxe de Pili

AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA PARA O CURSO 2015-16

A Consellería de cultura e Educación da Xunta de Galicia convoca a axudas para a adquisición de libros de texto ( Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.)

Débese cubrir a solicitude debidamente asinada (xunto co Libro de famlia, sentenza de divorcio, certificado de grao de minusvalidez...) do 2 de xuño ó 2 de xullo na Sede do CRA. 

Pregamos léanse os Requisitos e as Obrigas na circular que se encontra neste enlace.

A dirección

Imaxe de Pili

GRATUIDADE SOLIDARIA: AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO

Tedes toda a información no seguite enlace na páxina da xunta: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

 

 



by Dr. Radut