Skip to Content

Artigos

Imaxe de Jesus

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

As familias que desexen solicitar ditas axudas poden cubrir o procedemento ED330B ou o impreso de solicitude, e informarse na circular relativa ao fondo solidario de libros de texto (3º EP no 2019-2020) e na circular relativa as axudas para libros de texto (1º e 2º EP no 2019-2020)

Prazo de presentación: A presentación de instancias será ata o 21 de xuño do 2019.

Imaxe de Jesus

Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil do Concello de Carballo

Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas, o Concello de Carballo convoca as “Axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo”.

O prazo de solicitude estará aberto durante un mes a partir do xoves 4 de outubro ao 5 de novembro, deberán presentarse no modelo normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Carballo.

+Info.

Imaxe de Jesus

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o 2018/2019

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

As familias que de sexen solicitar ditas axudas poden cubrir o impreso de solicitude, ou de forma on-line a través da aplicación Fondolibros.

+ Info: na circular relativa ao fondo solidario de libros de texto (3º EP no 2018-2019)

+ Info: na circular relativa as axudas para libros de texto (1º e 2º EP no 2018-2019)

Horario Secretaría 2017-2018.



by Dr. Radut