Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Axudas para a adquisición de material escolar.

Imaxe de Jesus

A Consellería ven de convocar axudas para a adquisición de material escolar alumnado matriculado en educación primaria, e educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2015/2016 (Orde de 25 de agosto do 2015, DOG 01 de setembro)..

Lugar de presentación: entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumno/a

Prazo de presentación.

Hai un único prazo de presentación: 1 mes contado dende o día seguinte ao da publicación en DOG

Inicio do Prazo: 02.09.2015 Fin do prazo: 01.10.2015

Contía das axudas e Xeración do Vale.

Hai unha única contía de axuda, isto é, 50 €. Trala xestión informática da solicitude o centro xerará un vale que entregará á familia para o seu uso ata o 31 de outubro do 2015.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2015/2016.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €.

Solicitude e documentación:

Instancia para descargar e imprimir.

 

Documentación a presentar:

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante // Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente, que acredite situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31-XII-2013:

  • Certificado do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez

  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo.

 

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Determinación da unidade familiar: Os membros que integran a unidade familiar e a data de referencia e a data de referencia para determinar a súa composición (31.12.2013) é igual que na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto. Pero, na presente convocatoria , non se fai un tratamento diferenciado da familia monoparental e resto das familias, respecto do tramo de renda e da contía das axudas. Enténdese como renda per cápita da unidade ao exercicio fiscal do 2013

AdxuntoTamaño
generarPlantillaPDF.pdf1.19 MB


page | by Dr. Radut