Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

Novos capítulos no Son da Baña

14/05/2022 10:04
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de ESO ven de publicar novos capítulos do programa A Baña Investiga, o resultado das súas investigacións realizadas na materia Investigación e Tratamento da Información.

O traballo de todo o proceso: guión, locución, edición e montaxe foi realizado integramente polo alumnado. 

Aquí vos presentamos:

Os arrecifes de coral de Amparo, Anna, Antía e Saray: 

Alumnado de 2º de ESO premiado no programa Atrévete 2020-2021

07/06/2021 20:38
Europe/Madrid

Anxo Areán Recarey e Paula Ferreiro Noya, alumnos de 2º de ESO, veñen de resultar premiados coas súas propostas para o concurso Atrévete a ter unha idea dentro do Programa Eduemprende 2020-2021

 

A Baña investiga, novo programa da nosa canle O Son da Baña

20/02/2021 13:34
Europe/Madrid

Presentamos o primeiro episodio de A Baña Investiga, un novo programa da nosa canle de radio O son da Baña no cal publicaremos traballos de investigación desenvolvidos polo noso alumnado. 

Este primeiro episodio foi realizado por un grupo de 4 alumnas e alumnos de 1º de ESO qe quixeron saber máis sobre a moda sostible e o impacto ambiental da industria da moda. 

Recomendacións literarias para o 25 N

23/11/2020 15:18
Europe/Madrid

Interesantísimas recomendacións de lectura sobre mullerers afoutas e pioneiras, feminismo e igualdade realizadas polas nosas reporteiras de A Baña Informa de 1º de ESO A e B.

Todas estas lecturas e moitas máis están á vosa disposición na nosa Biblioteca Escolar.

 

GRADUACIÓN 4º DE ESO

24/06/2019 17:51
Europe/Madrid

O xoves 20 de xuño tivo lugar o acto de graduación do alumnado de 4º de ESO. Un ano máis despedimos con tanta ilusión coma emoción ao noso alumnado que emprenderá no vindeiro mes de setembro unha nova etapa de estudios de FP e Bacharelato.

Un acto emotivo e divertido no cal, en compañía do seu titor, Nacho González, fixeron un repaso polo seu paso por este centro en compañía dos seus profesores e familiares.

 

ALUMNADO DE 3º DE ESO FINALISTAS DO CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES

18/06/2019 18:54
Europe/Madrid

Un ano máis, dous equipos de 3º de ESO acudiron á Facultade de Matemáticas da USC para asistir á final do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. 

O equipo formado por Adrián Manteiga, Andrés Seoane, Nicolás Andujar e Érika Otero presenteron na final o seu proxecto O Efecto Rock & Roll, que estudaba os efectos positivos da música no rendemento deportivo. Este proxecto foi merecedor do premio de Finalistas.

Así mesmo, o equipo formado por Alba Neira, Carlota Rodríguez, Noa Quintáns e Sarai Fariña, aínda que non chegou á final, foi recoñecido cunha mención especial polo seu proxecto Orgullo e Prexuizo, no cal estudaban a incidencia dos estereotipos de xénero entre o noso alumnado. 

Parabéns a todos eles polo seu traballo e á profesora, Paula, pola súa dedicación.

Unha fermosa experiencia que, de seguro, recordarán para sempre.

O alumnado de 3º de ESO acudiu ao completo para animar aos seus compañeiros, calmar os seus nervios e aplaudir a súa intervención.

Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica completa desta mañán inesquecible.

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: MATEO TORREIRA E OS LEÓNS ALBINOS

01/06/2019 20:25
Europe/Madrid

Rematamos os nosos xoves expertos do presente curso coa intervención de Mateo Torreira, alumno de 1º de ESO, gran amante da bioloxía e coñecedor de animáis tan curiosos coma os leóns albinos.

Clica na foto para ver a reportaxe gráfica!

 

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: NICOLÁS GÓMEZ

09/05/2019 12:11
Europe/Madrid

Nicolás Gómez Forján, alumno de 1º de ESO foi hoxe o encargado de demostrarnos o que sabe sobre programación con Scratch nos exitosos Xoves Expertos na Biblioteca.

Falounos sobre a historia e aplicación dos ordenadores dende os seus inicios ata hoxe en día, e logo fixo unha demostración práctica do que podemos programar con scratch.

Todo un éxito. Parabéns, Nico!

Para ver a galería de imaxes fai clic na foto.

 

O PROXECTO "FACENDO ESCOLA" PREMIADO NO V CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

29/01/2019 16:54
Europe/Madrid

O proxecto Multimedia FACENDO ESCOLA desenvolvido polo alumnado de 2º de ESO en colaboración coa Biblioteca Escolar ven de ser recoñecido no V Concurso de Traballo por Proxectos  convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.
Felices e orgullosos de que este traballo pola recuperación da nosa historia e o noso Patrimonio fose merecedor deste premio, queremos dar as grazas a todos os que o fixeron posible: veciños, familias, amigos, profes e a nosa mestra en audiovisual e multimedia, Cristina de la Torre. 


Se aínda non coñeces a nosa web, xa estás tardando, é unha web de premio: https://facendoescola.atavist.com/

equipo rodaxe Facendo Escola

                                                                          O equipo de rodaxe, despois dunha longa tarde de traballo.

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DO DÍA DO PATRIMONIO

29/11/2018 16:27
Europe/Madrid

Hoxe queremos mostrarvos a proposta de rehabilitación da escola republicana de Nantón que foi elaborada polo alumnado de 2º de ESO e presentada ao Concurso do Día do Patrimonio organizado pola Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia.

A súa proposta non resultou premiada, pero si que foi recoñecida a calidade do traballo e o alumnado que a deseñou foi convidado a visitar a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra.

Nesta presentación podedes coñecer o seu traballo: 

 

 

CONCURSO PATRIMONIO de Mar Sueiro

Distribuir contido


by Dr. Radut