Skip to Content

1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO

1º PREMIO NO VIII CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS

15/06/2018 18:13
Europe/Madrid

Ás veces o traballo innovador, exhaustivo e comprometido que se realiza nas aulas dun xeito silencioso faise visible cando se recibe a merecida recompensa dun premio.

Hoxe os alumnos de matemáticas de 2º de ESO desfrutaron da emoción de participar na fase final do VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola SGAPEIO

Acudimos á Facultade de Matemáticas, nerviosxs e emocionadxs de poder presentar en público o resultado do proxecto desenvolvido por Sarai, Alba, Noa e Carlota: "A diversidade da orde". Experimento que xurdiu a partir da crenza de que as mulleres son máis ordenadas e colaboradoras na casa que os homes. Para iso as alumnas investigadoras realizaron diferentes probas a partir das cales puideron extraer conclusións medibles e demonstrables. Imaxinades cal foi o resultado??

O proxecto foi galardoado co 1º Premio na Categoría de 1º e 2º de ESO.

Así mesmo, a investigación de Diego e Adrián sobre a presenza das mulleres na prensa deportiva "O diario non falaba de min" obtivo unha mención especial nesa mesma categoría.

Neste vídeo tedes a reportaxe gráfica dunha mañá emocionante e inesquecibel. Parabéns a todos, gañadores, participantes e a Paula, a profe de mates!!!

 

The Influence of Ancient Civilizations: Mayan and the Chocolate

16/04/2016 08:42
Europe/Madrid

 

Vídeo sobre o traballo realizado polos alumnos de 1º ESO en Inglés,

sobre o libro de lectura do 2º trimestre "The Story of Chocolate".

Diseñei esta tarefa para incluíla no proxecto do CPI "En versión orixinal".


 

PREMEDE na imaxe inferior para ir á dirección do vídeo.

Tarda un pouco en cargar, tedes que premer no botón autoplay 

(esquina inferior dereita) e despois no 

 

GRADUACIÓN 4º ESO 2000-2013

Crónica da Cerimonia de Graduación de 4º de ESO, que tivo lugar o venres 21 de xuño de 2013.

Pincha no enlace para ver máis fotos!!!!

GRADUACIÓN 4º ESO, XUÑO 2013 on PhotoPeach

GRADUACIÓN 4º ESO 2000-2013

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRADO MEDIO

Publicada a información para a realización das probas de Acceso a Ciclos Medios de Formación Profesional para o curso 2013-2014.

Nesta páxina atoparedes toda a información sobre as mesmas así como acceso a modelos de probas de anos anteriores.

No arquivo adxunto tedes o calendario e, para calquera dúbida, consultade co Orientador ou a vosa titora.

Distribuir contido


by Dr. Radut